Chegan algo tarde, pero velaquí as miñas humildes aportacións á causa. Clicade nelas para velas mellor.
chúzame -
Chegan algo tarde, pero velaquí as miñas humildes aportacións á causa. Clicade nelas para velas mellor.
chúzame -
Un novo paso na breve e indecisa andadura deste blogue. Unha cabeceira personalizada que probablemente non tardarei en cambiar. ¿Algo que dicir sobre ela? Igual debería ter agardado a amosalo até que pasasen alomenos un par de semanas do comentario sobre o logo da Uvigo... Bueno, encaixo ben as críticas.
chúzame -

Porque non hai que rirse de ninguén, pero hai que saberse rir de todo. Tíñao no disco duro, non me preguntedes de onde o saquei.
chúzame -

O que vedes é un dos dous primeiros premios do concurso promovido pola Universidade de Vigo para renovar o seu logo. En realidade manterá o de sempre, e este terá "aplicacións secundarias" compatibles co de sempre (rancio como el só por certo). Eu non participei, por iso que se di sempre de que non hai tempo cando o que realmente non hai son ganas de aproveitar mellor o tempo do que dispós. E como non participei, non teño dereito a xulgar á lixeira ó gañador, polo que vou ser moito máis comedido do que me dan ganas de ser. E sendo comedido, a miña opinión é que o deseño gañador (alomenos o que vos amoso nesta entrada) é unha merda como un mundo. E lendo as xustificacións que dan para telo escollido case mexo por min da risa.
chúzame -
A MPAA deulle a ‘The Dark Knight’ unha calificación PG-13, o que era básicamente chuparlle a polla á Warner Bros.
Díxoo o director de Max Payne, que segundo semella andaba algo molesto porque a súa película non tivo a mesma sorte á hora da clasificación por idades, coas consecuencias que iso trae para á recadación. Non sei que lle verá el á peli do morcego, pero a min paréceme máis forte a súa valoración que toda a peli de Batman.
chúzame -

Non é coña, lino por aí. Vese que o de buscar ideas novas está pasado de moda. Lévase máis o de repetir éxitos pasados na procura dun éxito ¿asegurado?. Vai ser que non. Ou quen sabe, a xente que ten os audímetros na casa sonche ben rariños, e se non mirade as audiencias de mañá a ver se alguén non estaba a mirar GH mentres escribo. Pero, como será esta nova versión de Verano Azul? E se os de TVE miraron con envexa como Tele 5 resucitaba a Lucía en Los Serrano e os de Antena 3 facían o propio con Lucas en Los Hombres de Paco? Terán os de TVE o que hai que ter para resucitar a un home que mataron tódolos veráns ano tras ano durante unha década? Por desgraza non poderá ser pola morte fai xa oito anos de Antonio Ferrandis, actor que interpretara a Chanquete na serie, pero se non chega a ser por iso...
chúzame -